Marcador e galería da xornada do 19-20 de setembro

Rematou a xornada. Déixanos o sabor agre da derrota dos júniores do último partido da fase clasificatoria no seu grupo. Esforzáronse ata o final para despedirse da competición cunha vitoria, Non foi posible, mais quédanos o seu empeño ata o último segundo e iso merece a nosa felicitacón.

Tamén dixo adeus ás súas opcións de clasificación o cadete feminino ao perderen as de Lito García en Ourense. Estiveron no partido ata mediado o terceiro cuarto. A partir de aí un baixón físico provocou unha derrota demasiado avultada para os merecementos do equipo. Case todas son de primeiro ano. Quédalles por diante toda unha tempada en 2ª división para medrar e tentar o ascenso ao final.

DSC_0642
Banco do equipo feminino de Leicester Riders no seu partido contra as júniors.

As infantís cumpriron no Grove. Gañaron e agora a agardar que a renda obtida as converta no mellor segundo e poidan pasar a seminifinais. Para isto haberá que esperar á proxima xornada na que lles toca descansar.

Comezou, por fin, a participación dos minis na Copa Galicia e fixérono don dúas vitorias amplas nas súas viistas a Montrove e a Cluny. Bo comezo. A seguir así.

A semana deixounos a visita de Leicester Riders, equipo do leste de Inglaterra que xogou un amigable contra o noso júnior. Mañá luns farano contra o masculino e o mércores repetirán contra as rapazas. Desde aquí o noso desexo de que a súa estancia en Compostela lles sexa agradable e proveitosa.

Estes foron os resultados da xornada: X02.2015-16.Fin semana 19-20 set. Resultados

Es esta a galería que vos podemos ofrecer. Ata a próxima xornada a todos!!