Moi bo encontro malia a derrota do Infantil B, moi inferior físicamente.

Encontro e resultado: La Salle 73Peleteiro B 38

Competición: 2ª división infantil masculino

Xornada: 16ª xornada

Lugar e hora: Pav. La Salle, sábado 09/03/19, 16:00horas

Parciais:

276

145

Resultado o descanso: 41-11

1513

17-14

5 Inicial: Alexandre Varela , Telmo Cobo, Juan Cruz, Esteban Varela, Esteban Varela, Martín Teo

Eliminados:

Xogaron e anotaron: Lucas Miguez 2, Alexandre Varela 2, Xoán Raviña 2, Telmo Cobo 11, Martín Carballal, Manuel Alfonsín 5, Juan Cruz 5, Ignacio Uribarri 2, Esteban Varela 3, Martín Teo 6, Santiago Rodríguez , Iván Rodríguez

Ausencias e motivo:

Crónica:

Rematadas as festas do Entroido voltábamos a competición ante La Salle, equipo cun físico moi superior, que dominaron dende o inicio do encontro.

Os colexiais sabedores da inferioridade física, a altura decantábase claramente para La Salle, tentaron impoñer o seu ritmo de xogo, pero axiña La Salle colleu a iniciativa  e impuxo un ritmo moi alto, favorecidos polo rebote defensivo conseguían realizar contraataques moi rápidos que eran parados polos colexiais nos primeiros intres do encontro pero conforme pasaban os minutos os colexiais ían falqueando e apenas conseguían opoñerse o rival.

En ataque as imprecisións nos pases e as malas decisións non nos favorecían, inclinándoseclaramente o marcador para La Salle.

No segundo cuarto seguíamos sen ter as ideas claras en ataque; a circulación do balón non era a mellor opción e descartábamos xogar 1×1, convencidos de que non habería outra oportunidade de lanzamento se errábamos pois o rebote favorecía o rival. En defensa non eramos o suficientemente rápidos para frear as penetracións do rival que nos superaba con facilidade.

No terceiro cuarto a actitude do equipo cambiou, saíron mais intensos e coas ideas mais claras, sobre todo en defensa conseguindo frear o rival, traballando mais duros conseguiamos rebotear o que nos daba mais confianza para atacar conseguindo anotar e solo ceder 2 ptos neste cuarto.

No derradeiro cuarto, os colexiais seguiron traballando forte en defensa, dificultaban os lanzamentos do rival, conseguían rebotes e saír rapidamente o contraataque.

En ataque con mais tranquilidade, conseguíamos mais e mellores accións de tiro e mesmo eramos quen de rebotear algún balón.

Aínda que o partido xa se decantou dende o inicio, os colexiais fixeron un bo encontro para o que contaron coa axuda dos minis Lucas, Martín e Xoán.

Parabéns rapaces!!!