Nas mans dos lectores un novo número de Vamos

Portada do nº 218
Portada do nº 218
Unha das páxinas dedicadas ao baloncesto
Unha das páxinas dedicadas ao baloncesto

Fiel á súa cita coa comunidade educativa do Colexio M. Peleteiro, saíu do prelo o número 218 da revista Vamos correspondente ao período de abril-xuño de 2014.

Nela dáse conta do peche do curso escolar 2013-14 e tamén, do balance da tempada en todas as seccións da ADM Peleteiro, incluída a de baloncesto e o seu Campus.

Agardamos que os lectores gocen con este novo número. Desde aquí transmitir novamente a nosa felicitación ao seu director Juan Castro, aos coordinadores e a todos os integrantes do Club de Prensa entre os que se atopan algúns dos nosos xogadores.