Nova cita coas preseleccións galegas para 6 colexiais

Este xoves 12, aproveitando o seu carácter festivo, continúan o seu traballo de preparacións as preseleccións galegas cadetes. A masculina farao en Sarria e contará coa presenza de Antón Moure.  A feminina concéntrase na Estrada e están citadas Clara Gil e Paula Lamas.

Os días 13, 14 e 15, as preseleccións galegas infantís acudirán a un torneo a Olmedo (Valladolid) para apurar a súa preparación de cara á configuración definitiva dos combinados galegos coa ollada posta nos campionatos de seleccións autonómicas. Por parte de ADM Peleteiro acudirá Miguel Gil. Por esta razón, a liga de 1ª división non comezará ata a fin de semana do 22.

E, finalmente, comezou o traballo de escolla despois da Xuntanza de Xinzo, dos xogadores que configurarán as seleccións de minibásquet. Na quenda desta fin de semana (15 de outubro) están convocados os colexiais Iago Ferreiro e José María Ferreiro coa masculina.

A todos eles, os nosos parabéns e a indicación de que non desfalezan no seu esforzo por acadar o obxectivo de estar na lista definitiva.