As preseleccións Galegas de Baloncesto volven concentrarse esta fin de semana e novamente teremos presenza, repetindo case todos os rapaces e rapazas que xa estiveron convocados na anterior concentración.
En categorías masculinas, tanto cadete como infantil a concentración terá lugar en Porto do Son este domingo 29 de setembro no Pavillón Polideportivo Santa Irene (Campo Santa Irene S/N – 15970 Porto do Son).
Os xogadores infantís están citados ás 09:30 no citado Pavillón e os adestramentos serán de 10:00h a 12:00h e de 16:00 a 18:00h.
O noso representante nesta categoría será: Gael Tadeo Barral
Pola súa banda os cadetes masculinos están citados a partir das 11:30 no citado pavillón e adestrarán de 12:00h a 14:00h e de 18:00 a 20:00h.
Os nosos representantes nesta categoría serán: Pablo Álvarez e Javi Prieto.
As rapazas estarán concentradas tamén o domingo, pero neste caso será en Noia, concretamente o Pavillón Alonso Rodríguez. a partir das 11:30.
Carmen Suárez, Clara Fidalgo e Marta Sanmartín serán as representantes de Peleteiro.
A todos eles moitisima sorte e a disfrutar!!