Novas fases de competición

Son varias a ligas que veñen de rematar a súa primeira fase da competición. É o caso da 1ª División Autonómica Feminina, a 1ª División Cadete Feminina e a 1ª División Cadete Masculina.

Nos tres casos os nosos representantes pasarán a formar parte dos grupos que loitarán polo título.

No caso do Senior Feminino, o Peleteiro Hyupersa Santiago, despois de rematar na segunda plaza do grupo Norte con 11 vitorias e 3 derrotas (empatado co Ensino de Lugo, que foi 1º) loitará no grupo A2 para facerse co título con:

Celta Universidade de Vigo, Baxi Ferrol e Forbe Seis do Nadal.

No grupo A1 que tamén loitará polo título estarán:

Ensino de Lugo, Compañía de María de Vigo, Arxil Mafari Café e KFC Culleredo.

Forbe Seis do Nadal será o primeiro rival das de Lito García este vindeiro venres en Montouto a partir das 20:30.

 

No caso dos equipos cadetes ven de producirse na tarde do luns o sorteo da nova fase de competición.

O Cadete Feminino, adestrado por Víctor Fernández e Pablo Carreira, clasificouse na primeira posición do Grupo Norte con 12 vitorias e 2 derrotas e pasa a formar parte do grupo A1 que loitará polo título con:

Fundiciones Rey, Bosco Salesianos e Cafés Candelas Ensino.

No grupo A2 que tamén loitará polo título estarán:

Celta de Vigo, Porriño, Estudiantes de Lugo e Maristas Coruña.

As nosas comezarán este sábado na casa ás 12:00 diante de Fundiciones Rey de Vilagarcía.

 

Finalmente tamén estará na fase de loita polo título o cadete masculino, clasificado en cuarta posición do grupo Sur con 8 Vitorias e 6 derrotas.

O cadete adestrado por Lalo Foira loitará no grupo A1 con:

Estudiantes de Lugo, Publigal Seis do Nadal e Ensino Lugo.

Mentres que no grupo A2 estarán:

Vistaóptica Basket Ferrol, Distribuciones Carreiras San Ciprián e Instituto Rosalía.

O debut dos nosos será tamén este sábado na casa diante do Estudiantes de Lugo.

 

Sorte a todos eles nesta nova fase e a seguir disfrutando cada encontro.