O noso xogador júnior, Miguel López, Premio Extraordinario de ESO

A pasada semana, a Consellería de Educación deu a coñecer os Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2013-14. A eles concorren os alumnos que superan a media de 9 nos catro cursos de Secundaria. En total, 20 galardóns que recoñecen a outros tantos alumnos de toda Galicia. Deles, cinco recaeron en centros educativos de…

Emoción e sorpresa na visita dos xogadores de Rio Natura Monbus Obradoiro

Tal e como estaba previsto, o pasado mércores, os xogadores de Rio Natura Monbus Obradoiro Rafa Luz e Maxi Kleber estiveron nas instalacións deportivas do Colexio M. Peleteiro. A súa visita coincidiu co horario semanal de adestramento dos rapaces de minibásquet  e dos infantís. Cunha amabilidade extraordinaria e cun sorriso permanente nas súas caras, os…

Axenda do 13-14 de decembro

Retomamos a competición despois da paréntese e para algúns equipos será a última xornada antes das vacacións de Nadal. Fin de semana de esforzo e sacrificio onde hai que compaxinar o deporte e o compromiso co equipo cos exames da 2ª avaliación. Todo aquel que se programa e organiza pode conseguilo e mesmo metas maiores….

Rafa Luz e Maxi Kleber en Peleteiro

Este mércores 10 de decembro, estarán de visita en Montouto (Colexio M. Peleteiro) os xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro, Maxi Kleber e Rafa Luz. O base e o pivote do equipo adestrado por Moncho Fernández visitarán a gran parte dos xogadores dos nosos 11 equipos de minibásquet a partir de 17.30 da tarde. Grazas á colaboración…

A nosa aposta polos valores do deporte, por escrito e asinada

Díptico valoresA nosa aposta polo deporte e os seus valores, tal e como demos conta nunha entrada anterior (Os nosos valores a través do deporte) vai en serio. Durante toda a semana pasada, todos os alumnos/xogadores integrados nalgún dos nosos equipos recibiron das mans dos seus adestradores o díptico que recolle e lembra os nosos valores…

En zona con… Jacobo Rial

Conversa con Jacobo Rial Árbitro ACB  Aproveitando a presenza de Jacobo Rial en Montouto o sábado 29 de novembro para pitar o partida de 2ª división feminina  que decidía o liderado entre Peleteiro e Sigaltec de Vilagarcía, citámonos na zona. O baloncesto é un mundo. Nel créanse historias de bos e malos. Os árbitros soen…