O cadete masculino comeza a competición cun encontro moi igualado

Encontro:

Compañía de María – Peleteiro
Competición:

2ª División Cadete masculina
Lugar e hora:

Compañía de María, Sábado 16.10.2021 – 16:00 horas
Resultado final:

33 – 42
Parciais :
12 – 11
6 – 11
Resultado ó descanso: 18 – 22
7 – 4
8 – 16

XOGARON E ANOTARON:
Alexandre, Jose (8), Telmo (6), Miguel (1), Manu, Juan (8), Jacobo (2), Hugo (8), Iago (5), Álvaro 4
AUSENCIAS E MOTIVO: –
Unha vez finalizada a fase de ascenso volviamos a competir, comezando moi ilusionados e con moitas gañas de xogar.
Visitamos Compañía, pista sempre difícil, ante un equipo moi competitivo, nun partido moi igualado de principio a fin, decatándose para os colexias nos derradeiros minutos do encontro.
O inicio foi moi impreciso, erros por ambos lados, tardamos un chisco en inaugurar o marcador, a nosa defensa a pesares da súa intensidade, as axudas defensivas non chegaban a ser efectivas, aproveitando Compañía para anotar. En ataque as precipitacións mermaban as opcións para anotar, aínda así, so cedíamos 1pto neste cuarto, mentres que no segundo, o equipo defendía coa mesma intensidade, os roubos de balóns daban opcións para anotar pero non as aproveitabamos todas. O equipo tranquilizouse un pouco en ataque, conseguindo mover ben o balón con boas opcións de tiro, conseguindo darlle a volta ao marcador e rematar a primeira metade cunha vantaxe de 4 ptos.
A segunda metade comezou moi acelerada por parte do equipo, a defensa era boa pero o ataque moi precipitado, contras rápidas sen apenas tempo para colocarse, malas lecturas do xogo non favorecían que anotásemos, acadando tan so 4 ptos., pero conseguimos manter unha mínima vantaxe pois o rival tampouco estivo moi acertado o que tamén nos favorecía.
No derradeiro cuarto, o equipo saíu un pouco mais tranquilo, os ataques eran mais ordenados mentres que en defensa apretábamos un chisco mais, sabedores que conseguir que o rival non anotase era a clave, sendo nos derradeiros minutos do encontro onde o equipo conseguía unha vantaxe de 5 ptos que conseguimos ampliar a 9 nos intres finais.

Queda moita liga por diante, esta primeira vitoria motiva o equipo para continuar traballando, mellorar e corrixir os erros, mellorar a defensa e lecturas de xogo.
Parabéns equipo.