O Colexio Peleteiro será o próximo domingo a capital do minibásquet galego

Fai seis tempadas naceu un evento creado pola Federación Galega de Baloncesto coa colaboración do Colexio M. Peleteiro chamado Xornada de Harmonización do Minibásquet Galego. Con vocación de perdurar no tempo, agás a segunda edición, o resto tiveron lugar no noso centro.

Destinado a nenos nados nos anos 2008, 2009 e 2010, a pais e adestradores, chega este ano á súa sexta edición e terá outra volta como escenario o Colexio M. Peleteiro.

Dende as 9.15 da mañá ata as 14:00, as nosas instalacións (pavillóns, salas, aulas, patios e salón de actos) encheranse de vida para acoller a un nutrido grupo de nenos e nenas e aos seus respectivos pais para perfeccionar a súa técnica uns e para reflexionar os outros.

Os datos concretos de horarios e convocatorias podédelos atopar seguindo esta ligazón pertencente á Federación Galega de Baloncesto.

A esa cita están chamados tamén parte dos nosos xogadores. A saber:

-Convocatoria feminina 2008: Nerea Cereijo

-Convocatoria masculina 2008: Nicolás Fuentes

-Convocatoria feminina 2009: Ana Domínguez e Sitota Aguado

-Convocatoria masculina 2009: Sergio Suárez

-Convocatoria feminina 2010: Julia Lampón e Eva Rey

-Convocatoria masculina 2010: Samuel Varela.

A nosa felicitación a todos eles porque teñen unha excelente oportunidade de mellorar e convivir.

No nome do Colexio e desta Agrupación Deportiva a nosa benvida anticipada a todos os que o próximo domingo día 18 se acheguen ao Colexio M. Peleteiro, capital do minibásquet galego por un día un ano máis.