O domingo comeza o XXXIX Campionato de España para os infantís

Por fin chegou o día. Despois da súa brillante traxectoria na liga e pasadas dúas semanas da súa clasificación para o Campionato de España, o próximo domingo día 10 chegou a hora da estrea.

O campionato celébrase na localidade de Marín do 10 ao 16 de xuño. Peleteiro está encadrado no grupo H xunto con Colegio Leonés (1º de CYL), Tecnyconta Zaragoza (2º de Zaragoza) e CB Ilicitano (3º de Valencia).

Este é o calendario:

Data Encontro Hora Pavillón
Dom. 10 CB Ilicitano – Peleteiro 18:00 A Raña
Luns 11 Peleteiro – Tecnyconta Zaragoza 17:00 San Narciso
Martes 12 Colegio Leonés – Peleteiro 18:00 Sequelo
Xoves 13

Venres 14

Sábado 15

Cuartos de final

Semifinais

Final

A Raña

Os colexiais partirán o próximo domingo pola mañá para Pontevedra onde se aloxarán durante o campionato e á espera de que chegue o primeiro partido.

Alí estarán:

Andrés Blanco, Pablo Álvarez, Álvaro Foira, Ángel Prado, Tomás Pereira, Pablo Rigueiro, Miguel Gil, Miguel del Río, Guillermo Basanta, Iago Zas, Juan Seijo e Hugo Padrón.

Estarán acompañados por Lalo Foira e David Pérez.

Toda a sorte do mundo para eles e a gozar da experiencia.