O infantil feminino C tarda en empezar a xogar o seu partido e cústalles unha derrota

Encontro e resultado:  PELETEIRO C 34 – COMPAÑÍA DE MARÍA 40

Competición: 2ª DIVISIÓN INFANTIL FEM.

Xornada: 13ª

Lugar e hora: MONTOUTO. SÁBADO 9/03/2019 as 10:00

Parciais:

0 18

11 – 6

Resultado o descanso: 11-24

10 – 8

13 – 8

5 Inicial: LUCÍA E., LUCÍA V., NURIA, INÉS e CARMEN

Eliminadas: SEN ELIMINADAS

Xogaron e anotaron: LUCÍA V., LUCÍA E., LUCÍA F., INÉS, CARMEN, FÁTIMA, ADELA e NURIA

Crónica:

Recibíamos en Montouto ao equipo de Compañía de María nun partido clave para ver si podíamos dar un salto de calidade na competición e colocarnos no grupo de cabeza pero o equipo non o veu así.

Chegamos ao partido tarde e mal e como non podía ser doutro xeito o equipo rival moito máis activo e preparado para competir, pasounos por enriba. O parcial do 1º cuarto (0-18) o di todo.

Pouco a pouco as nosas xogadoras foron recuperándose física e mentalmente, activándose para o partido e comezaron a competir. Despois dun parcial de 0-22 puidemos pechar o 2º cuarto con un 11 – 6 chegándose ao descanso con un marcador de 11-24.

Agora si que se defendía con intensidade e se atacaba con decisión aínda que con pouca claridade e certa precipitación pero estabamos en partido (10 – 8).

No derradeiro cuarto o equipo mostrou a súa ambición de ir a polo partido con unha gran defensa que dificultaba moito o ataque das visitantes. Aínda que ofensivamente non aproveitabamos tódalas vantaxes que xerabamos, conseguíamos poñernos 4 abaixo no último minuto pero un par de erros no tiro e unha perda castigada con un contraataque rival, pechaba o encontro con un marcador de 34 – 40.

Oportunidade perdida que nos debe facer reflexionar que os partidos comezan antes de chegar ao pavillón e que tan importante é a técnica e a táctica  como o “adestramento invisible” previo que cada un faga na súa casa.