O Infantil Masculino B segue medrando pasiño a pasiño

Encontro e resultado: Liceo Noia 68 – Peleteiro B 39
Competición: 2ª división infantil masculino
Xornada: 7ª xornada
Lugar e hora: Pab. Alonso Rodríguez, domingo 16/12/18, 18:00horas
Parciais: 19-9 / 18-4 / 21-10 / 10-16
5 Inicial: Telmo Cobo, Manuel Alfonsín, Esteban Varela, Martín Teo, Santiago Rodríguez
Eliminados:
Xogaron e anotaron: Lucas Miguez 2, Alexandre Varela, Telmo Cobo 11, Martín Carballal 6, Manuel Alfonsín 5, Juan Cruz 4, Ignacio Uribarri 2, Esteban Varela 2, Martín Teo 2, Santiago Rodríguez 5, Iván Rodríguez
Ausencias e motivo:

Crónica:
Nesta xornada achegabámonos a vila de Noia para disputar o derradeiro encontro deste ano, no que coma no partido anterior nos vimos reforzados por dous minis, Martín e Lucas.
O primeiro cuarto foi moi igualado, os colexiais saian moi centrados, intensos en defensa conseguían frear os xogadores do Noia, os que tamén lles costaba frear os colexiais. Coa boa rotación do balón conseguían realizar boas transicións mais era CB Noia nos intres finais do
cuarto o que conseguía obter unha vantaxe de 10ptos.
No segundo cuarto os colexiais saíron algo mais confiados e pronto se viron sorprendidos polos contraataques do Noia, o balance defensivo era moi lento e sempre chegabamos tarde, concedendo un 2+1 en varias ocasións o que aproveitaba o rival para ampliar a diferenza no marcador. Mentres en ataque a pesares de mover ben o balón, unha vez mais errabamos no lanzamento conseguindo anotar tan so 4ptos.
No terceiro cuarto, e a pesares de ir 24ptos por debaixo no marcador, os colexiais confiaban nas súas posibilidades de poder reducila diferenza, pero seguiamos sen facer un balance rápido o que favorecía a rápida saída do Noia; pola contra os colexiais custáballes moito anotar, errando lanzamentos doados nos que o balón non quería entrar.
No último cuarto, cunha desvantaxe de 35ptos, os colexiais non estaban pola labor de seguir cedendo e nun cuarto no que todo parecía saír ben, comezou o que parecía a remontada, o esforzo empezaba a pesar pero aínda así os colexiais pelexaban cada balón conseguindo reducir a diferenza en 6ptos.

Os erros doados e un mal balance defensivo foron decisivos para non ter opcións pola vitoria, nun partido no que os colexiais seguen a mostrar unha continua melloría no xogo que non consegue recompensa cunha vitoria, mais non por elo debemos baixar a cabeza.
Debemos estar moi ledos pola progresión que estamos tendo apesares de non haber gañado.
Imos polo bo camiño!!!