O infantil masculino C foi de menos a máis e case se fai coa vitoria

Encontro: PELETEIRO C 57 – BASQUET AMES 60  

Lugar e hora: PABILLÓN MONTOUTO 2. SÁBADO 9/11/19 ÁS 16:00

Resultado final: 57 – 60

Parciais :

6 – 11

15 – 17

Resultado ó descanso: 21-28

20 – 15

16 – 17

XOGARON E ANOTARON:

ALEXANDRE (0), JUAN (4), TELMO (18), JAVI (0), ANGEL (2), NACHO (1), ESTEBAN (13), SANTI (0), IVÁN (0), JACOBO (14) e NICO (5).

 AUSENCIAS E MOTIVO:

ÁLVARO NON DISPUTOU O ENCONTRO POR ESTAR DE BAIXA MÉDICA PERO APOIOU AO EQUIPO DENDE O BANQUIÑO.

CRÓNICA :

Despois do parón da semana pasada o equipo volvía á competición en Montouto recibindo ao equipo de Básquet Ames.

Custounos entrar no encontro. Aínda que o equipo saíu con unha boa actitude á pista, xogabamos de xeito moi precipitado e iso nos provocaba certa ansiedade que se traducía en moi malas lecturas do xogo con erros clamorosos en ataque e lagoas defensivas que castigaban os de Ames con canastras doadas(6-11).

No 2º cuarto melloramos algo ofensivamente atopando vantaxes preto do aro pero defensivamente seguíamos cometendo erros e concedendo infinidade de tiros libres que os visitantes aproveitaban cunha gran porcentaxe (15-17). Descanso 21-28.

Logo do tempo de lecer o equipo xogou probablemente os mellores minutos. A maior intensidade defensiva complicaba o ataque dos de Ames e nos proporcionaba rápidas transicións  que agora si convertíamos o que nos facía gañar o cuarto e igualar o encontro (20-15).

No último cuarto o equipo tivo opcións de facerse co partido pero o lastre das faltas (5 xogadores eliminados), a mellor lectura de xogo dos visitantes e varios erros nosos de concentración e de coñecemento do xogo, dáballe a vitoria aos de Ames 57- 60

O equipo competiu e mostrou carácter para engancharse ao partido pero temos moito que traballar nos adestramentos para mellorar nos conceptos básicos do baloncesto pois seguimos cometendo demasiados erros e perdas que aínda por riba facilitan o traballo dos rivais.