O Obradoiro Peleteiro logra manter o rumbo cunha traballada vitoria na casa (84-71)

Obradoiro Peleteiro || Bosco Salesianos

84 || 71

O pasado fin de semana o Obradoiro Peleteiro recibía, o sábado as 18:00 horas no pavillón de Montouto, ao Bosco Salesianos de Ourense. Un encontro de máxima igualdade durante boa parte do mesmo, no que os locais acabarían consolidando o triunfo durante o terceiro cuarto.

O partido empezaba cun ritmo frenético onde os obradoiristas arrancaban con parcial de 11-2, pero de inmediato os visitantes se engancharon ao encontro e empezaron a castigar cada vantaxe que os locais lles concedían. O ritmo de anotación non paraba de subir, e xa ao final da segunda parte ambos equipos pasaban dos cincuenta puntos anotados, 53-52.

Tras o descanso o Obradoiro Peleteiro deu mostra do seu mellor nivel defensivo, e despois dun gran terceiro cuarto no que eran capaces de frear o ataque visitante, lograban a máxima diferencia ao seu favor, índose aos últimos dez minutos con catorce puntos de vantaxe. Xa no último cuarto, os obradoiristas foron capaces de continuar traballando en defensa e reducir o ritmo de xogo do Bosco Salesianos para certificar un novo triunfo por 84-71.

Traballada vitoria do Obradoiro Peleteiro nun encontro onde solo na segunda parte foi capaz de manter o seu mellor nivel defensivo, e no que se sobrepuxo a frustración que encontraron por momentos con traballo en equipo.

Na próxima xornada o Obradoiro Peleteiro visitará o pavillón de Bouzas de Vigo, o luns as 20:30, para medirse a un duro rival como é o Seis do Nadal, nun encontro no que esperan volver ao seu mellor nivel de xogo para tratar de volver cunha importante vitoria.

Ficha técnica:

1ª división júnior masculina, xornada 14ª.

Pavillón Montouto, sábado, 18:00h

Parciais: 23-20, 30-30, 21-8 e 10-11.

5 Inicial: Rafael García, Enrique Melini,

Diego Barbosa, Juan Blanco e Alex Carrera.

Eliminado: Rafael García.

Xogaron e anotaron:

R. García (10), D. Barbosa (12), A. Carrera (7),

L. Echeverria (4), V. Villadoniga (11), Melini (24),

M. Padrón (4), A. Romano (3), S. Furelos (5) e J. Blanco (3).

Ausencias:  Alexei Pérez  e Manuel Ángel Negreira (lesionados).