O Obradoiro Peleteiro proclamase campión galego tras vencer ao Instituto Rosalía (86-48)

OBRADOIRO PELETEIRO || INSTITUTO ROSALÍA

86 || 48

O pasado sábado en Montouto o equipo junior do Obradoiro Peleteiro disputaba o último encontro da liga regular e facíao ante un rival de altura como é o Instituto Rosalía. Nun encontro que supuxo a celebración do campionato galego, os obradoiristas mantiveron un bo nivel de xogo e acabaron cun balance final de vinte vitorias e dúas derrotas.

Dende o inicio do encontro os obradoiristas mantiveron un grandísimo nivel defensivo que lles permitía sumar en repetidas ocasións a campo aberto. Os visitantes non atopaban vías de anotación claras e acababan consumindo a posesión en varios ataques.

Sen embargo no inicio do segundo cuarto, o Instituto Rosalía comezou a castigar aos pívots locais con varias penetracións e a mellorar o seu acerto dende a liña de tres puntos. Pero o Obradoiro Peleteiro non estaba disposto a dar oportunidades, e gracias a varios axustes defensivos e ao dominio no rebote, volveron a aumentar as diferencias para irse ao descanso cunha vantaxe de 41-20.

No inicio da segunda metade o ritmo do encontro non cambiou, cun Instituto Rosalía que seguía a tratar de castigar con divisións centrais, e cun Obradoiro Peleteiro que continuaba a mostrar un xogo moi coral acompañado dunha forte defensa. Ata dez xogadores dos obradoiristas acabarían sumando puntos e puideron seguir traballando varias alternativas defensivas de cara ao tan ansiado Campionato de España. Finalmente o Obradoiro Peleteiro acabaría logrando a vitoria nesta última xornada de liga regular, por un 86-48 fronte a un gran rival que disputará a seguinte semana a final four.

Con esta vitoria o Obradoiro Peleteiro pecha unha fantástica participación na competición autonómica, co título de Copa Galicia e ao que agora súmanlle o título de Campión Galego, cun balance de 22 vitorias e 2 derrotas, e clasificándose de forma directa para o Campionato de España de Clubs que se celebrara en Badajoz e Elvas entre os días 6 e 12 de Maio.

A partir de agora o Obradoiro Peleteiro tratará de recuperar lesionados e comezar a preparar a súa participación no próximo campionato de España júnior que se celebrara en Badajoz e Elvas entre o 6 e o 12 de maio.

Ficha técnica

1ª división júnior masculina, xornada 22ª.

Sábado ás 10:00 horas, Montouto (Santiago).

Parciais: 18-6, 23-14, 23-13 e 22-15.

5 Inicial: Rafael García, Enrique Melini,

Juan Blanco Alex Carrera e Alexei Pérez.

Eliminados: Victor Villadoniga (cinco faltas).

Xogaron e anotaron:

R. García (15), E. Melini (7),

L. Echeverria (10), A. Pérez (22), V. Villadoniga (4),

J. Blanco (8), D. Barbosa (2), A. Carrera (8),

M. Negreira (7), S. Furelos (3). A. Romano e M.padrón.