O Peleteiro Frutas Barreiro afrontou o encontro como se fora unha final e levouse a vitoria

Encontro e resultado: CB San Cibrao Río Ourense 52- Peleteiro Frutas Barreiro 63.
Competición: 2º División masculina.
Xornada: 21º Liga Regular.
Lugar e hora: Ourense, sábado ás 18:00.
Parciais:

10-19

10-14

Resultado ó descanso: 20-33

15-12

17-18.
5 Inicial: Mauro, Pedro, Raviña, Antón Lodeiro e Carlos.
Eliminados:
Xogaron e anotaron: Antón (6) Pedro (14), Carlos Nogueira (3),  Mauro (2), Pablo Míguez jr (6), Sergio F. (14), Raviña (11), David Pazo (5), Antón Moure jr.(2), Ramón (non xogou), Soriano (lesionado),Vicario (lesionado).
Crónica:
Saímos en Ourense coa mentalidade e intensidade necesaria, sabedores que a única opción que tiñamos de intentar meternos na fase de ascenso pasaba por gañar. E así foi, desde o primeiro cuarto pasamos a dominar o marcador e non o deixamos ate o final. En defensa pechabamos ben o rebote e Pedro asumía na ofensiva con 9 puntos. No segundo cuarto seguiamos mantendo unha boa liña de traballo pero os de Ourense comezaban  a dominar o rebote ofensivo e recortaban a distancia. Unhas boas accións finais de Raviña facían que chegásemos ao descanso cunha renda de 13 puntos.
A saída do vestiario foi boa pero, mediado o cuarto, varias perdas de balón facían que os locais rebaixasen a diferencia. 5 puntos de Sergio ao final de cuarto facían que mantivésemos unha renda de 10 puntos.
No último cuarto foi un toma e daca dos dous equipos. Uns repondían as triplas dos outros (Pablo con dúas neste cuarto) e entrabamos nos últimos minutos con 6 puntos de vantaxe. Finalmente apretamos en defensa,  pechamos ben o rebote, e soubemos rematar o partido con acerto desde a liña de tiros libres.
Rematamos a liga o 27 de abril no Grove contra o xa primeiro clasificado o Meco. Tal e como foi a xornada, coas vitorias de Porriño e Cía, xa non temos opcións de meternos na final a catro, polo que intentaremos pechar a liga con bo sabor de boca e traernos a vitoria.