O Peleteiro Frutas Barreiro competiu baixo mínimos pero non acadou a vitoria

Encontro e resultado: CB. Arteixo Duadoce 71-Peleteiro Frutas Barreiro 62
Competición: 2º División masculina.
Xornada: 18º Liga Regular.
Lugar e hora: Arteixo, sábado ás 18:00.
Parciais:

23-13

09-11

Resultado o descanso: 32-24

18-17

21-21
5 Inicial: Mauro, Pedro, Pablo Míguez, Antón e Carlos.
Eliminados: Carlos.
Xogaron e anotaron: Antón (6) Pedro (11), Carlos Nogueira (5),  Antón Moure jr.(12), Mauro (2), Pablo Míguez jr (4), Sergio F. (15), Manu Fernández jr.(7), Soriano (lesionado),Vicario (lesionado), Raviña (lesionado), David Pazo (lesionado), Ramón (non xogou).
Crónica:
De novo o panorama co que nos presentabamos en Arteixo con 5 seniores máis 3 juniors (coa estrea con nós de Manu que realizou moi bo encontro) era desalentador pero, de novo, volvimos a competir a moi bo nivel e estivemos preto de acadar a vitoria. Tamén celebramos a volta á cancha de Sergio tras tres partidos sen competir.
Os inicios do primeiro e do terceiro cuarto foron definitivos para o devír do partido. Encaixamos un parcial de 10-0 en cada un o que fixo que tivesemos que realizar un esforzo doble para chegar ao final con opcións.
Ate o descanso xogamos moi precipitados en ataque e mentras non aseguramos o rebote defensivo sufrimos moito en defensa. Aínda así chegabamos ao descanso 8 abaixo.
No terceiro cuarto os de Arteixo conseguían acadar unha diferencia de18 puntos pero seguimos loitando e ao final conseguimos reducir ate os 9 puntos.
No último cuarto subimos moito a liña defensiva e presionamos a toda pista, e conseguiamos reducir en seco a súa anotación. Con 8 puntos de Sergio consecutivos e unha canastra de Moure, a falta de 4 minutos, nos poñíamos 1 abaixo. Nos seguintes ataques non metemos os tiros e tampouco estivemos finos nos libres e os arteixáns mantiveron máis templanza para levarse un merecido triunfo.
A vindeira semana recibimos ao Foz (segundo clasificado) no que será o último partido da tempada na casa, o sábado ás 20:00. Ogallá que non perdamos máis efectivos e poidamos seguir competindo e deixar a vitoria na casa.
Saúdos.
Fran Varela.