O Peleteiro Hyupersa Santiago competirá na 1ª División Nacional!

O Peleteiro Hyupersa Santiago, o noso equipo sénior feminino disputará a próxima campaña a Primeira División grupo norte, unha categoría congregará a formacións de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León e, que nestes momentos é a terceira categoría do baloncesto feminino nacional.

Despois de pensalo durante o pasado mes e valoralo coa dirección do colexio e a propósito do gran esforzo que supón #ante a situación actual, cremos que é o momento de que as nosas xogadoras teñan a oportunidade de disputar esta competición, a terceira do baloncesto feminino nacional.

O noso equipo, adestrado por Lito García,  está formado prácticamente na súa totalidade por alumnas do colexio e xogadoras formadas na nosa canteira. Esta pasada tempada acabou no segundo posto do grupo Norte e estaba a competir nun dos grupos de ascenso no momento en que se cancelou a tempada pola crise sanitaria do coronavirus.

Esta será a primeira ocasión na historia do club na que o noso equipo senior feminino dispute unha categoría de ámbito nacional.

Isto supón unha clara aposta de calidade que busca mellorar a estrutura de Club continuar dando importancia á canteira e permitirlles gozar dunha competición de máxima esixencia.