O Peleteiro Hyupersa Santiago volve a xogar na casa este domingo.

Esta fin de semana volve o baloncesto a Montouto.

O noso equipo senior feminino recibe esta fin de semana, na que supón a quinta xornada da 1ª división nacional feminina ó Codigalco Carmelitas Ourense.

O clube ourensán e un dos favoritos a lograr o ascenso á Liga Feminina 2 tralas fichaxes de Lucía Méndez, Sofía Martínez e dúas xogadoras estranxeiras: a australiana Elyse Kiploks e a base búlgara Mariya-Magdalena Kolyandrova.

Tamén forman parte do equipo dúas xogadoras con pasado colexial: Rut Iglesias e Ana María González que estudaron bacharelato no noso colexio e formaron parte dos equipos junior feminino do clube e que tamén xogaron no equipo senior feminino. Tanto a Ana como a Rut desexámoslle o mellor nesta tempada, pero despois de xogar contra nos 😉

As ourensás, que tiveron que descansar as dúas primeiras xornadas chegan a Montouto despois de gañar o seu primeiro partido da tempada hai 15 días ante o Marín PeixeGalego. O encontro da 4ª xornada que tiña que medir de novo a ambos equipos non se puido disputar a a pasada fin de semana ao non poder dispoñer de pista as marinenses xa que o concello de Marín non autoriza a disputa de partidos oficiais por culpa da situación sanitaria en Galicia. Este encontro disputarase o próximo 29 de decembro.

Por parte do noso equipo, o Peleteiro Hyupersa Santiago, estarán ao dispor de Lito García e Pablo Carreira todas as xogadoras do plantel agás Carmen Willisch que por motivos laborais ainda non puido debutar.

O plantel tratará de manter a liña de xogo que están a mostrar neste inicio de tempada no que o seu principal obxetivo é competir todos e cada un dos encontros, tal e como fixeron nos 4 encontros anteriores.

Novamente non poderemos estar en Montouto como público, pero poderemos velo en directo na nosa canle de Youtube, premendo na seguinte ligazón: Peleteiro Hyupersa Santiago – Codigalco Carmelitas Ourense