O segundo derby da tempada non se lle escapou ó Peleteiro Frutas Barreiro

Encontro e resultado: 

ADB. Fontiñas 65 Peleteiro Frutas Barreiro 81.
Competición: 2º División masculina.
Xornada: 3º
Lugar e hora: Fontiñas ás 20:00.
Parciais:

10-26

12-13

Resultado ó descanso: 22-39

21-23

22-19
5 Inicial: Antón, Raviña, Fer, Santi e Andrés.
Eliminados: –
Xogaron e anotaron: David Pazo (11), Vicario (25), Pedro (2), Carlos Nogueira (1), Raviña (7), Antón Lodeiro (2), Mauro (3), Santi Lope (2), Andrés (4), Chechu Mallo (8), Ramón (14), Álvaro Longarela jr. (1).
Crónica:
Desta vez non se escapou o segundo derbi da tempada,  tras un gran inicio de partido, tanto na defensa como no ataque, que nos permitiu coller unha vantaxe que practicamente mantivemos durante todo o partido.
A posta en escena foi moi boa. Moi intensos na defensa e aguantando ben os 1c1 e no ataque xogando boas opcións tendo a Vicario como estilete. Unha tripla de Ramón desde case media pista pechaba un cuarto fantástico, 10-26.
No segundo cuarto igualáronse as forzas. Os locais melloraban en defensa máis en ataque e a nós nos custaba atopar boas opcións. Unha gran defensa nos últimos segundos de Ravi con asistencia para Fer, permitíanos ir ao vestiario cunha vantaxe de 17 puntos, 22-39.
Tras o descanso enganchábamos un bo acerto desde a liña de tres puntos máis varios contraataques e a pesar de conceder bastantes segundas opcións, conseguíamos unha renda de case 20 puntos.
No último cuarto os de Fontiñas, lonxe de virse abaixo, subiron o ritmo do partido e recurtaban a diferencia grazas a rápidas transicións e ao rebote ofensivo. Chegaron a baixar a diferencia dos dez puntos pero con varias canastras rápidas e o acerto nos tiros libres volvimos a coller unha cómoda diferenza para finalizar 65-81. No aspecto positivo tamén comentar que chegou a debutar o junior Álvaro Longarela e esperemos que poida,  a partir de agora, asistir a máis entrenos e entrar na dinámica do equipo.
Para a vindeira semana volvemos a Montouto, o sábado ás 20:00 para enfrontarnos a un xa vello coñecido, o CB. Arteixo. Equipo forte que nos fará traballar moito e ben se queremos deixar a victoria na casa.