O sénior non afrouxa

Peleteiro  64 – Santo Domingo Betanzos B 43

Estréase o júnior Germán e repite convocatoria Carlos Nogueira

Cuarta vitoria do equipo colexial ante o Santo Domingo Betanzos B que acusou ter varias baixas no seu equipo, aínda que nós tamén nos presentabamos en Montouto coa importante baixa de Fernando Vicario.

A pesar de que o equipo betanceiro collía as primeiras vantaxes no marcador grazas ao seu xogo interior,  o equipo colexial rapidamente lle daba a volta ao marcador cunha gran defensa dos exteriores apretando as liñas de pase e axudando ao interiores cando os visitantes recibían preto do aro, mentres en ataque Álvaro (3 triplas) e Nacho aproveitábanse das rápidas transicións que levaba a cabo o equipo para anotar.
No segundo cuarto continuamos cunha gran defensa e eran Aitor (dúas triplas) e Pazo quen tomaban o relevo anotador abrindo unha importante fendas no marcador; o que obrigaba ao adestrador betanceiro a pedir un tempo morto.

A partir deste momento o equipo visitante e ate os últimos minutos do partido refuxiouse nunha zona que por momentos cortaba a nosa ofensiva.
Tras o descanso a tónica foi semellante. O equipo traballaba ben atrás e en ataque seguiamos buscando opcións contra a zona visitante e seguiamos mantendo unha cómoda vantaxe no marcador. Nos primeiros minutos do último cuarto rompemos definitivamente o marcador e só varias perdas de balón en primeira liña de pase permitiron aos betanceiros recurtar a diferenza. Como pasara a semana anterior, desta vez outro júnior debutante, Germán, anotaba unha tripla para pechar o partido.
A vindeira semana volvemos a xogar na casa ás 18h. en Montouto ante o colíder e tamén invicto coma nós, Carballo a un Paso, polo que nos espera un gran partido e no que se decidirá quen queda só á fronte da clasificación.

PeleSM-Beta01 (1)
O debutante Germán tenta lanzar a canastra. / Foto: Luís R.

2º división masculina, grupo norte, xornada 4ª

Montouto, sábado, 18:00

Parciais: 15-9//19-10//12-10//18-14
Xogaron e anotaron:

David (9), Gianni (2), Martino (10),

Aitor (8), Soriano (3),  Raviña (14),

Vicente (2), Brais (2), Nacho (8), Pedro (2),

Germán (jr) 3 e  Carlos (jr) 1.