Obradoiro Peleteiro gaña en Culleredo e acaba o ano como líder invicto

KFC Culleredo || Obradoiro Peleteiro

57 || 80

O Obradoiro Peleteiro visitaba Culleredo o pasado domingo con varias baixas importantes pero coas ganas de manter a boa liña de xogo dos últimos encontros e lograr acabar o ano cunha importante vitoria.

O encontro comezaba con bastante igualdade no xogo, un gran acerto dos locais dende a liña exterior e demasiados erros dos obradoiristas na súa defensa facía que o KFC Culleredo entrar con mellores sensacións no encontro.

Pasaban os minutos e os visitantes eran incapaces de enfiar boas accións de xogo, en parte pola gran dureza defensiva dos de Culleredo e noutra, por demasiados erros de colocación e ritmo no seu xogo.

Sen embargo, a partir do terceiro cuarto o Obradoiro Peleteiro foi pouco a pouco recuperando sensacións no seu xogo, con varios cambios na súa defensa logrou bloquear o ataque local e encontrar cómodas situacións de tiro.

Finalmente o Obradoiro Peleteiro certificou un importante triunfo por 57-80, pese as baixas e ao duro rival que tivo enfronte. Unha vitoria que o permite afianzar a confianza no seu xogo e manter a boa liña de traballo.

O próximo encontro será xa no 2018, no que o Obradoiro Peleteiro recibirá en Montouto o sábado 13 de Xaneiro as 10:00 horas ao Basquet Xiria.

Ficha técnica

1ª división júnior masculina, xornada 9ª.

Pavillón O Burgo (Culleredo), domingo, 17:00h

Parciais: 18-21, 15-17, 14-22 e 10-20.

5 Inicial: Luis Echeverria, Manuel Angel García (Lolo),

Diego Barbosa, Juan Blanco e Alexei Pérez.

Xogaron e anotaron:

A. Pérez (17), D. Barbosa (16), J. Blanco (9), L. Echeverria (8),

M. García (7), A. Romano (5), V. Villadoniga (4),

A. Carrera (4), H. Rey (4), M. Padrón (-) e A. Iglesias (-).

Ausencias e motivo:

Sergio Furelos (lesión), Rafael García e Enrique Melini (xogaron co EBA)