Obradoiro Peleteiro segue contando os partidos por vitorias

Obradoiro Peleteiro || Compañía de María*

89 || 24

O Obradoiro Peleteiro segue co seu bo momento e logra a súa octava vitoria 

O encontro comezaba cun gran ritmo por parte dos locais, que nos primeiros minutos deixaban mostra da súa capacidade defensiva. Este ritmo de xogo facía que o Compañía de María non se sentise cómodo en ningún momento e o marcador reflectise moi cedo amplas diferenzas para os locais.

Pese a diferenza entre ambos equipos, o encontro serviu para que ambos conxuntos puidesen probar opcións de xogo diferentes que de seguro lles servirán aos dous nos próximos partidos.

Na segunda parte a tónica do encontro non cambiou, os locais mantiñan o seu rigor defensivo a pesar de buscar novas estratexias, e os visitantes non baixarían os brazos en ningún momento ata o último ataque.

Finalmente clara vitoria do Obradoiro Peleteiro por 89-24 que deberá de seguir traballando duro para manter esta boa dinámica.

Os parciais por cuartos foron: 35-5, 19-7, 15-4 e 20-8.

A próxima xornada disputarase a fin de semana do 16 de decembro, polo que o Obradoiro Peleteiro terá dúas semanas para tratar de continuar traballando para tratar de acabar a primeira volta da mellor forma posible.


*Nota da R. A partir desta xornada, e contando coa colaboración especial do seu adestrador Denís Pombar, incluiremos a crónica do equipo júnior Obradoiro Peleteiro dentro do repaso da xornada. Facémolos, entre outras razóns, porque xogan en Montouto, levan o nome do Colexio M. Peleteiro e 6 dos seus compoñentes habituais e un 7º vinculado, estudan no centro.

Como non, as imaxes seguirán estando presentes como xa o viñamos facendo.