Os cadetes, a un paso da final

ROSALIA FEDESA || PELETEIRO B

44 || 58

Primeiro partido de semifinais e vitoria a domicilio nun gran partido de todo o equipo.

Comezamos o partido moi centrados e intensos en defensa, o que nos permitía roubar balóns e nos daba moita tranquilidade para xogar en ataque moi cómodos e con moita confianza. E aínda que no primeiro cuarto o marcador estaba moi igualado (10-12 o final do cuarto) o equipo parecía máis metido no partido que o rival.

No segundo cuarto o equipo estivo moi ben en defensa e moi acertados en ataque, indo pouco a pouco collendo distancia no marcador chegando o descanso cunha vantaxe de 18 puntos, despois dun parcial neste cuarto de 4– 20.

Na segunda parte o rival subiu un pouco a intensidade defensiva e estiveron máis acertados no ataque, pero o equipo seguía moi metido no partido, sobre todo en defensa, polo  que o rival so foi capaz de reducir a diferenza no marcador en 3 puntos, o que nos permitiu chegar ao último cuarto 15 puntos arriba.

No derradeiro cuarto, despois duns minutos nos que estivemos algo precipitados e o rival foi capaz de reducir a diferenza a 10 puntos, o equipo foi quen de temperar os nervios e volver a centrarse no partido para chegar o marcador final de 44–58.

Gran partido o xogado por todo o equipo, e aínda que a eliminatoria non está decidida que falta o partido de volta, podemos afrontalo con algo máis de tranquilidade, pero…iso non quere dicir que estea todo feito, así que a seguir traballando e a próximo fin de semana a saír igual de centrados que neste partido.

En hora boa, rapaces, BO TRABALLO!!!

2ª división cadete masculina, semifinais titulo liga, ida.

Pavillón IES Rosalía, sábado, 10:00

Parciais: 10-12 / 04-20 (14-32) / 18-15 / 12-11 (44-58)

5 I: Diego, Carlos H , Carlos R, Pablo, Iván.

Eliminado: Diego.

Xogaron e anotaron:

Emilio, Diego, Jesús (2), Carlos H.(15),

Carlos R. (6), Álvaro (15), Pablo (14),

Antonio (4), Iván (2).