Os cadetes acadan a primeira vitoria nun encontro moi completo

Encontro: Maristas Coruña – Peleteiro
Competición: Fase ascenso Liga Galega
Lugar e hora: Colexio Maristas, A Coruña, Domingo 19.09.21 ás 10:00
Resultado final: 34 – 66
Parciais :
8 – 17
4 – 22
Resultado ó descanso: 12 – 39
14 – 11
8 – 16
XOGARON E ANOTARON:
Lucas, José Mª (8), Óscar (3), Ángel (4), Martín (11), Miguel (6), Manu (2), Juan (8), Jacobo (15), Hugo (2), Iago (7)
AUSENCIAS E MOTIVO: –
CRÓNICA :
Novo desprazamento, desta vez a cidade herculina para enfrontarnos a Maristas, nun encontro moi importante para o equipo
Concienciados da importancia do encontro, o equipo saíu moi concentrado, e aínda que nos primeiros intres do encontro, Maristas mandaba no marcador, a defensa do equipo conseguía parar o rival e darlle a volta, conseguindo unha vantaxe de 9ptos ao final do cuarto.
A concentración e intensidade do equipo conseguía recuperacións de balóns, que aproveitaban para anotar con comodidade, aumentando considerablemente a vantaxe ao descanso.
Nos primeiros minutos da segunda parte parecía que o equipo baixaba un chisco a intensidade en defensa, o que aproveitou Maristas para anotar con máis facilidade, pero o equipo recuperaba a intensidade defensiva para rematar o encontro cunha ampla vantaxe.

Esta vitoria da confianza o equipo, continuaremos traballando para corrixir e mellorar os erros que non apreciamos polo feito de gañar.