Os cadetes de 2ª división ceden na segunda metade fronte a Compañía

Compañía de María || Peleteiro B

47 || 36

Despois de descansar na xornada anterior, visitamos Compañía de María, con aspiracións a levarnos a vitoria, cunha primeira parte moi ben xogada polos colexiais, cun xogo dinámico e movendo ben o balón, finalizando con acerto moitas accións  e cunha defensa ben organizada conseguiamos poñernos por diante no marcador nos primeiros instantes do primeiro cuarto, pero uns despistes o final do cuarto permitía a Compañía poñerse por diante no marcador.

No segundo cuarto, os colexiais seguían centrados no partido, boas rotacións do balón en ataque mentres que na defensa seguiamos poñendo en apuros o rival, conseguindo chegar o descanso cun punto de vantaxe.

No terceiro cuarto, o equipo veuse abaixo, totalmente fora do partido, Compañía non encontraba ningunha oposición que freara o seu ataque, gozando moitas veces de dúas ou tres oportunidades ante a pasividade dos colexiais, non pelexabamos polo balón, e cando estaba na nosa posesión xogabamos con moitas presas, sen ideas, perdendo o balón continuamente, ben pola boa defensa do rival ou polas nosas malas decisións, finalizando o cuarto cun parcial de 16-2 para Compañía.

No último cuarto, os colexias tentaron entrar de novo no partido, daba a impresión de que o mal xogo realizado no terceiro cuarto  estaba esquecido, pero so foi unha impresión.

A pesares de tentalo con boas accións illadas, os colexias non foron quen de remontar o partido fronte un rival que traballou ben para levarse a vitoria.

Non sempre temos días bos, agora so queda pasar paxina, mirar para diante sen esquecer o traballo feito e seguir traballando para recuperar a ilusión e motivación que este día non tivemos.

Ficha técnica

2ª división cadete masculina, xornada 7ª.

Pav. Compañía de María, domingo 03/12/17, 12:00horas

Parciais: 10-9 / 9-11 / 16-2 / 12-14 

5 Inicial: Carlos Estraviz, Jesús Lamas, Martín Vieito,

Pablo López, Juan C. Argüello

Sen eliminados.

Xogaron e anotaron: J

avier Carou 2, Carlos Estraviz 2, Jesús Lamas 12, Martín Vieito 8,

Brais Mata, Pablo López 2,  Juan C. Argüello 1, Emilio Pulido 8,

Ángel Rodríguez 1