Os cadetes seguen sen collerlle o paso á Copa lastrados polas ausencias

INSTITUTO ROSALÍA FEDESA || PELETEIRO B

 79 || 32

Chegábamos ao terceiro partido desta competición con numerosas ausencias, onde ademais os colexiais quedaban sen enerxía no segundo cuarto.

A pesar de só estar sete colexiais, as ganas de xogar e competir non faltaron durante todo o encontro; o noso xogo en ataque era fluído, os cortes eran eficaces conseguindo algunha que outra canastra, en defensa contiñamos ben o rival, pero non o suficiente e Rosalía colleu as rendas do partido, rematando o cuarto con 7 puntos de vantaxe.

No segundo cuarto, as forzas ían mermando, a pesar das rotacións curtas para recuperar e  coller folgos; os nosos ataques eran longos, sen présas, o xogo xa non era tan dinámico, os cortes xa non eran eficaces, as ideas xa non estaban tan claras e os 1×1 convertéronse na nosa opción máis efectiva. O balance defensivo esixíanos moito esforzo, Rosalía corría  os contraataques superando os colexiais con facilidade, rematando o cuarto cun parcial de 19-4.

 No terceiro cuarto  os colexiais, saían sen presión, continuabamos realizando o noso xogo, tentando buscar accións doadas para tirar, pero os desacertos nos pases e nos tiros eran aproveitados polo rival que seguía anotando con facilidade a pesar do esforzo e empeño que poñían os colexiais por frealos, as enerxías esgotábanse, e o tempo das rotacións non era suficiente para recuperar, recibindo un duro parcial de 27-6.

No  derradeiro cuarto seguiamos coa mesma tónica, os colexiais tentaban desacelerar o ritmo de xogo, pero Rosalía sabedora da súa vantaxe no xogo rápido aproveitaba as ocasións para  castigar os colexiais. A pesar de que o partido estaba totalmente decantado para Rosalía os colexiais nunca baixaron os brazos.

Malia a derrota, cómpre destacar o esforzo e ganas que  sete colexiais mostraron durante todo o encontro encaixando a derrota con deportividade.

Agradecerlles o gran esforzo e seguir animándoos a seguir traballando para continuar mellorando como deportistas e persoas.

Ficha técnica

Copa Primavera cadete masculino, xornada 3ª.

Instituto Rosalía, sábado 26/05/18, 10:00horas

Parciais: 19-12 / 19-4 / 27-6 / 14-10 

5 Inicial: Carlos Estraviz, Aldán Concheiro,

Brais Mata, Xan Balado, Juan C. Argüello

Sen eliminados.

Xogaron e anotaron:

Carlos Estraviz 7, Martín Vieito 6, Aldán Concheiro 6,

Diego Martínez 4, Xan Balado 7, Brais Mata 1, Juan C. Argüello 1

Baixas: Javier Carou,  Jesús Lamas, Miguel Santiago,

Jacobo Pomares, Pablo López, Emilio Pulido, Ángel Rodríguez.