Os equipos júniores xa teñen calendarios de competición

Semana frenética en canto a elaboración de calendarios e comezo de competición. Sen solución de continuidade, rematou a Copa Galicia júnior e o pasado luns procedeuse ao sorteo dos calendarios de competición das ligas de 1ª e 2ª división. Afecta a tres dos nosos equipos e a dous deles correspondíalles xa principiar a competición esta fin de semana.

Finalmente, só comezará a competir Peleteiro B feminino. Ao no haber equipos suficientes na Delegación de Santiago, os inscritos únense á Delegación Arousana e tocaralles enfrontarse a rivais de Vilagarcía, O Grove, Pontevedra e Pontecesures.

Peleteiro júnior feminino debía comezar viaxando a Ourense, pero por petición do rival o encontro adíase ao 6 de decembro. Calendario moi esixente para as colexiais desde o comezo. Non hai tregua.

O equipo masculino non entrará en xogo ata a fin de semana que vén. Estes son os calendarios de competiciòn (de liga e particulares) dos nosos tres equipos:

03.Calendario 2ª div. júnior masculina

03.Calendario Peleteiro júnior masculino

04.Calendario 1ª división júnior feminina

04.Calendario liga Peleteiro jr. feminino

05.Caledario 2ª división júnior fem. Grupo C

05.Calendario Peleteiro B júnior feminino

Boa competición a todos!!