Os minis comezaron a loita polo título de liga con derrota

PELETEIRO || BALONCESTO NARÓN

54 || 65

Comezo da 2ª fase da Liga onde recibiamos ao Baloncesto Narón noutro mal partido que nos ten que facer reflexionar cara a futuros encontros.

O partido tivo un inicio, como o tempo, moi frío por ambos bandos, con moitas imprecisións pero co noso equipo defendendo  correctamente e aínda que en ataque non estabamos moi acertados conseguíamos coller unha pequena renda (8-5).

No seguinte parcial deixamos de defender, os de Narón podían mover o balón comodamente atacando en vantaxe e conseguindo sacar sempre ou canastra ou tiros libres por contra nós atacabamos sen cabeza e lanzando precipitadamente dende moi lonxe (7-14).

O equipo entrou nunha dinámica de precipitación ofensiva con moi malas lecturas e mala selección de tiro aínda que defensivamente  mellorou algo e conseguía conter en certa medida ao rival (4-7). Ao descanso 19-26.

Despois do parón, o equipo quixo remontar pero pola vía rápida. Seguiu abusando do tiro dende “moi lonxe”, esquecéndose de defender as liñas de pase e puntear os tiros do rival cousa que aproveitaban os de Narón para  endosarnos un parcial de 11-17 que poñía as cousas moi difíciles.

No 5º parcial houbo unha leve melloría ofensiva pero os de Narón, xa con confianza, seguían anotando con acerto sobre todo dende o exterior o que nos impedía calquera posibilidade de recortar distancias (10-12).

No derradeiro sexto o equipo traballou mellor defensivamente e mellorou en ataque (14-10) pero o rival mantivo o seu nivel e desta volta non foi posible a remontada. Final 54-65.

Despois de 5 meses de adestramentos non somos quen de levar o traballo diario aos partidos con continuidade e pausa. Aínda estamos a tempo pero necesitamos dar TODOS un paso máis para gañar esa confianza que nos fará coller o ritmo de xogo que necesitamos. A seguir…

Ficha técnica:

1ª división mini masculina,

grupo Norte A1, xornada 1ª.

Pavillón Montouto (Colexio M. Peleteiro), domingo, 10:00

Parciais: 8-5// 7-14// 4-7// 11-17//10-12//14-10/

5 Inicial: Hugo, Jorge, Manu, Martín T. e Alexandre.

Sen eliminados.

Xogaron e anotaron:

Hugo, Juan, Martín S., Martín T. , Iago,

Miguel, Jorge, Jose Mª, Alexandre, Manu e Lucas.