Os nosos equipos de minibásquet xa teñen calendario

Como informamos no seu día, ADM Peleteiro estará presente un ano máis por dereito propio nas ligas galegas (1ª división) de minibásquet na tempada 2017-18 cun equipo masculino e cun equipo feminino.

No día de onte procedeuse ao sorteo de grupos e calendarios da primeira fase de competición que comezará a fin de semana do 14 de outubro e rematará o 28 de xaneiro.

Os equipos inscritos están divididos en catro grupos de seis equipos cada un (nalgún caso cinco) denominándose Norte A, Norte B, Sur A e Sur B. Os nosos equipos están encadrados no grupo Norte B.

Polo que respecta ao equipo masculino terá como rivais a Cab Obradoiro, Pío XII Rosalía, Culleredo, Basquet Coruña U12 e Jesuitinas da Coruña. A liga comezará en Montouto cun dos derbis locais: Peleteiro – Cab Obradoiro. Será o domingo 15 ás 10:00, horario habitual de xogo do equipo masculino para os seus encontros como local.

Pola súa banda, o feminino terá que medirse a Pío XII Rosalía, Arxil, Sigaltec e Porto do Son. Ao seren impares, as nosas comezan descansando. Xogarán os seus partidos como locais os domingos ás 12:00h.

Estes son os calendarios de liga e os específicos dos nosos equipos, con horarios de xogo:

15.Calendario 1ª división mini Norte B

17.Calendario 1ª división mini Norte B

15-17.Calendarios Peleteiro 1ª división minibásquet

Sós nos queda desexar que os nenos gocen e aprendan coa competición, que o mínimo de xogadores para participar nun encontro é 10 e que sempre poden promocionar tres dos equipos de 1º ano.