Os nosos infantís Jacobo e Gael seleccionados para participar no All Star

Os nosos xogadores infantís Jacobo Díaz Rey e Gael Tadeo Barral Amorós foron seleccionados pola Federación Galega de Baloncesto para acudir ao ALL STAR 2006 MASCULINO que terá lugar en Porto do Són o vindeiro sábado día 13 de abril de 2019 ás 09:30h no Pavillón Polideportivo Santa Irene de Porto do Són).

Dita actividade, dirixida a xogadores nados no ano 2006 serve coma seguemento da dinámica que realiza a Area Deportiva da Federación Galega nas distintas Areas Xeográficas durante toda a temporada, e ten como obxectivo manter o control e seguemento sobre os xogadores galegos.

A xornada consta de duas partes, unha primeira na que realizarán unhas sesións de adestramento que serán dirixidas por técnicos integrados na Area Deportiva da FGB e que se darán durante a mañá.

Xa pola tarde, a partir das 16:30 celebrarase as 16:30h o partido correspondente ó All Star.

Dende aquí queremos darlle a noraboa a Jacobo e Gael e animalos a continuar co traballo e adicación e sobre todo desexarlles que disfruten desta experiencia ó máximo.

NORABOA rapaces