PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

Xogamos moi poucos encontros esta fin de semana, pero deixámosvos aquí os 3.

Duas eliminatorias cunha praza en primeira división e un novo encontro do equipo nacional feminino.

Xóganse o ascenso os equipos infantil e cadete masculino e os dous o fan en Santiago, no Lorenzo De la Torre.

Os primeiros en saltar a escena serán os infantís que este sábado a partir das 16:30 mídense ó BOA VILA BASKET Colegio los Sauces, equipo de Pontevedra, na loita por unha praza na 1ª División Infantil Masculina.

Un día máis tarde, o domingo, será o turno para os nosos cadetes que no mesmo escenario enfróntanse o EDO BLANCO AMOR de Ourense será a partir das 19:00 da tarde.

Ambos partidos serán con límite de asistencia, polo que non poderemos estar con eles, pero desexámoslles toda a Sorte.

Sorte que tamén vai precisar no seu desprazamento o Peleteiro Hyupersa Santiago o que lle toca madrugar para visitar a pista do FODEBA GIJÓN, o encontro será a partir das 12:30