Peleteiro cae no derbi local perante Compañía

Compañía || Peleteiro 

59 || 53

Derrota no primeiro derbi nun partido intenso e moi disputado marcad polos erros nos tiros libres, no desacerto desde a liña de 3 puntos e os moitos problemas que tivemos no rebote defensivo.

Chegabamos a este primeiro partido de liga coa baixa de última hora de Raviña por enfermidade e coas novas incorporacións: Ramón Blanco e Carlos Pena.

Os dous primeiros cuartos transcorreron polos cauces habituais dun primeiro partido de liga: con moitas imprecisións e desacertos. A nós custábanos mover o balón e facer tiros cómodos mentres que os locais podían correr máis e tiñan moitas segundas opcións de tiro tras rebote. Ao descanso a diferencia era de máis 6 para os de Manuel López.

Tras o descanso o equipo síu máis entoado e intenso, o que propicou un parcial de saída de 2-11, dándolle a volta ao marcador e xogando moi ben. Pero nos instantes finais do cuarto varios roubos de balón dos locais propiciaban varias canastras fáciles e volvían a poñerse por diante, 46-44.

No último cuarto, o equipo intentouno pero xa non tiña a frescura nin o acerto para volver a poñerse por diante. Aínda así, non nos demos por vencidos e con varios roubos de balón de Pedro recurtabamos a diferenza pero, de novo, varios errores non forzados, impedíannos acadar a victoria.

Para a vindeira semana xogamos en Montouto ás 18:00 contra o Foz, un clásico destes últimos anos e no que esperemos abrir o casilleiro de vitorias.

 2ª  división masculina, grupo norte, xornada 1ª.

Pavillón de Compañía, sábado,  ás 20:00.

Parciais: 18-10//08-10//20-24//13-09.

5 Inicial: Pedro, Fran, Fer, David e Carlos.

Xogaron e anotaron: 

David Pazo (5), Ramón (4), Soriano (15), Carlos Nogueira (5),

Vicario (10), Pedro (11), Carlos Pena (1), Brais (2).

Raviña, non xogou.