Peleteiro Frutas Barreiro cae no seu desprazamento a Porriño.

Encontro e resultado: PBB “B” 71 – Peleteiro Frutas Barreiro 58.
Competición: 2º División masculina.
Xornada: 13º Liga Regular.
Lugar e hora: Porriño, sábado ás 16:00.
Parciais:

16-10

17-19

Resultado o descanso: 33-29

19-14

19-13.
5 Inicial: Fer, Pedro, David, Antón e Carlos.
Eliminados: .
Xogaron e anotaron:

David Pazo (16), Antón (1) Pedro (4), Carlos Nogueira (2), Antón Moure jr.(2), Raviña (1), Vicario (17), Mauro (4), Ramón (8),

Ausencias:

Soriano (non xogou lesionado).

Sergio F. (non xogou, molestias físicas)

Crónica:

Tras varias semanas xogando na casa, volviamos a desprazarnos, esta vez a Porriño nun horario pouco habitual, e derrota por 13 puntos. Nun partido que o equipo douno todo para intentar traerse a vitoria pero non foi suficiente.
Os locais impuxeron o seu ritmo desde o principio e a nós costábanos anotar. As numerosas pérdidas e os despistes defensivos nos penalizaban moito. A pesar desto e do desacerto desde a liña de tres puntos, eramos quen de manternos no partido e chegar ao descanso 4 abaixo.
No terceiro cuarto subíamos a intensidade defensiva e comezaban a entrar as triplas. Lograbamos poñernos por diante pero de novo, as pérdidas nos condenaban a seguir remando.
No derradeiro cuarto, ate a falta de 3 minutos, seguiamos con opcións de disputar o partido pero nos faltou acerto e os de Porriño se levaron merecidamente o partido.
Para a vindeira semana xogamos en Montouto o sábado ás 20:00 contra o Río Ulla. Non queda outra que seguir adestrando para mellorar e deixar a vitoria na casa.