Peleteiro gaña no Grove e achégase ao ascenso

Meco O Grove || Peleteiro

68 || 74

 Triunfo vital no Grove para seguir mantendo o segundo posto na fase polo Título e poder acadar o ascenso. Nun partido con moitos altibaixos e sufrindo ate os últimos segundos, ante un xoven equipo, que aínda que non se xogaba nada, competiu moi ben durante todo o partido. Presentabamonos no Grove coa importante baixa de Vicario e de Carlos Pena e coas incorporacións dos juniors Lolo e Alexei que nos deron moita frescura e físico. Tamén volvía a vestirse de curto Brais, aínda que a súa presencia na cancha sería so en caso de última necesidade porque aínda non está recuperado da súa lesión.

Saltamos no primeiro cuarto con pouca concentración e intensidade defensiva. Os grovenses anotaban con facilidade, sobre todo desde a liña de tres puntos. En ataque nos encomendabamos ao acerto de David Pazo (11 puntos) que suavizaba a sangría ofensiva deles.
No segundo cuarto subiamos a intensidade defensiva e tamén nos axudaba para atacar mellor. Reduciamos a diferencia a 1 punto 39-38. Aínda que o equipo seguía con moitos erros, polo que o resultado era o mellor que nos podía estar pasando.

Tras o descanso agora sí o equipo funcionaba nos dous lados do campo. Cunha gran defensa deixabamos os locais en 9 puntos. Mentres en ataque con 4 triplas e moito acerto desde a liña de tiros libres, dabámoslle a volta ao marcador e colliamos unha boa vantaxe de 12 puntos, 48-60.

No último cuarto, cando parecía que tiñamos o partido controlado, a falta de 6 minutos para o remate e cunha vantaxe de 14 puntos, os grovenses conseguían roubar varios balóns para finalizar en contraataque. Ademais con gran acerto, de novo, desde a liña de tres puntos reducían a diferencia a 1 punto. Tras varios ataques nos que ningún equipo foi quen de meter canastra, Soriano e Raviña anotaban para traerse a vitoria para casa.

Para a vindeira semana xogamos o sábado ás 18:00 en Montouto o último e definitivo partido de liga contra un gran equipo, o Porriño B. De gañar o partido acadariamos a segunda praza con dereito ao ascenso, polo que deberemos estar moi concentrados e saír sen ningunha confianza para non levarnos unha desagradable sorpresa final. Esperemos poder rematar esta tempada cunha gran alegría porque este grupo ben a merece.

Ficha técnica

2º división masculina., grupo A2, xornada 7ª.

O Grove, sábado, ás 18:00.
Parciais: 22-15m / 17-23 / 09-22 / 20-14.

5 Inicial: David, Ramón, Carlos N., Soriano e Pedro.

Sen eliminados.

Xogaron e anotaron: 

David Pazo (22, 6 triples), Soriano (8), 

Pedro(11), Carlos Nogueira (2), Raviña (13),

 Brais (-), Ramón (3), Lolo Negreira jr. (4), Alexei jr.(13).

Baixas: F. Vicario e Carlos Pena.