Peleteiro gaña o derbi fronte a Compañía e despide 2017 cunha vitoria

Peleteiro || Compañía de María

77 || 66

 Chegabamos ao derbi, e primeiro partido da segunda volta con todo o equipo, máis os júniores do Obradoiro-Peleteiro, co que finalmente se levou a cabo a ansiada vinculación, Víctor e Andrés; polo que non había escusas para non despregar o mellor xogo e deixar a victoria na casa.

Comezabamos o primeiro cuarto moi enchufados pero aos cinco minutos do encontro o equipo de Manuel atopaba canastras fáciles e dáballe a volta ao marcador para finalizar o cuarto 2 arriba.

No segundo cuarto alternabamos bos minutos de xogo e volviamos a poñernos por diante pero uns desconcertantes ultimos dous minutos do encontro daba pé a que os de Compañía marchasen ao descanso con 7 puntos de vantaxe, 33-40.

Tras o descanso saïamos moi centrados e intenso e en poucos minutos dabámoslle a volta ao marcador con 7 puntos consecutivos de Vicario. O cuarto transcorrería con igualdade, pero pechabamos os 10 minutos cun punto de vantaxe, 55-44.

No derradeiro cuarto os colexiais xogaron os mellores minutos de todo o partido. Moi intensos e activos en defensa e xogando con moito criterio en ataque. 14 puntos consecutivos do debutante júnior Víctor Villadóniga, daba a volta ao marcador ate acadar unha máxima de 14 puntos de diferenza.

O Compañía intentou reducir a desvantaxe, pero os colexiais, sobre todo desde a liña de tiros libres, conseguiron manter a diferenza, para acadar a vitoria e salvar a basquetaveraxe, polo que xornada completa para finalizar o ano.

Non volvemos ás canchas ata a volta do parón de Nadal, o sábado 13 de xaneiro, que nos desprazaremos a Foz, para  xogar, o que será un disputado encontro, pero que esperemos poder comezar o ano cunha vitoria e seguir nos postos de cabeceira.

Bo Nadal a todos/as e próspero Aninovo.

Ficha técnica

Extraordinaria estrea dos júniores Víctor e Andrés con Peleteiro.

2ª división masculina, grupo norte, xornada 10ª.

Pavillón Montouto, sábado ás 18:00.

Parciais: 13-15 / 20-25 || 20-14 / 24-12.

5 Inicial: Ramón, Fran, Brais, Álvaro, Ramón e Pedro.

Sen eliminados.

Xogaron e anotaron: 

David Pazo (8), Ramón (12), Soriano (6),  Vicario (11),

Pedro (6), Carlos Nogueira (2), Raviña (6),

Carlos Pena (1), Brais (2), Víctor jr.(22), Andrés jr (1).