Peleteiro júnior feminino á final A4, paso previo ao Campionato de España

 Despois dunha tempada irregular, rematada brillantemente con 5 vitorias consecutivas e un meritorio 3º posto, Peleteiro estará unha tempada máis nunha fase final onde 4 equipos se xogarán unha praza para o Campionato de España.

 

Clasificación final PX PG PP NP TTS PTS
1 R.C. CELTA ZORKA 22 22 0 0 1742 893 44
2 DURAN MAQUINARIA ENSINO 22 19 3 0 1684 1126 41
3 PELETEIRO 22 15 7 0 1430 1217 37
4 ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA 22 15 7 0 1396 1202 37
5 INSTITUTO ROSALIA PIO XII 22 13 9 0 1410 1375 35
6 COMPAÑIA DE MARIA 22 12 10 0 1396 1339 34
7 BOSCO SALESIANOS 22 11 11 0 1285 1261 33
8 CLB 22 9 13 0 1139 1351 31
9 PBB A 22 8 14 0 1258 1496 30
10 C.B. ARXIL 22 4 18 0 1122 1396 26
11 MARISTAS CORUÑA 22 4 18 0 1092 1481 26
12 SEIS DO NADAL COIA 22 0 22 0 741 1558 22

 

Correspóndelle organizar a fase ao 2º clasificado, Ensino, e esta terá lugar a próxima fin de semana. O sábado 5, ás 20:00 no Anexo do Pazo dos Deportes de Lugo, os de Víctor Fernández mediranse ao equipo local Estudiantes de Lugo. De gañar, o domingo ás 12:30 xogaríase a final e o gañador accedería a Campionato de España que se celebrará en Huelva do 6 ao 12 de maio.

Agardemos que esta vez, si, as colexiais, acaden o seu obxectivo e poidan vivir, da man dos seus adestradores Víctor Fernández e Carlos Souto esta marabillosa experiencia.

O equipo está integrado por: Laura García, Andrea Rey, Fátima García,  Lidia González, Puala Rey, Clara Domínguez, Rut Iglesias, Carmen de Santiago, Carlota Martínez e as cadetes Paula Lamas e Clara Gil e Paula Tábora.

Moita sorte ás nosas colexiais, a próxima fin de semana.