Peleteiro sénior masculino xa ten rivais

Sorteado o calendario de liga de 2ª división masculina

No día de hoxe procedeuse nos locais da Federación Galega de Baloncesto ao sorteo de grupos e calendario de competición de 2ª división masculina. Os 15 equipos inscritos quedaron divididos e dous grupos, norte (7) e sur (8). Peleteiro estará no grupo sur xunto con: CB Baiona-Torvido, Viña do Campo (Ribadavia), CB Allariz, CB Tui Seta Thermalia, La Salle, CB Dorna (Vilagarcía) e Compañía de María.

O sistema de competición establece unha primeira fase cunha liga a dobre volta que comezará o 17 de outubro e rematará o 14 de febreiro de 2016. Peleteiro estréase na casa, o sábado 17 de outubro ás 18:00 contra Viña do Campo.

Rematada esta primeira fase, estableceranse dous grupos A1 (3 e 4 primeiros clasificados de norte e sur) e A2 (os outros 8 equipos) xogándose un liga polo sistema olímpico (valen os enfrontamentos da primeira fase.

Estes son os calendarios:

01.Calendario 2ª división masculna sur

01.Calendario Peleteiro sénior masc

Sorte e a competir!!