Peleteiro volve a Montouto para reencontrarse coa vitoria

Peleteiro ||O Meco Rafonca O Grove

74 || 64

Despois de dúas saídas consecutivas, volviamos a Montouto para disputar a 3ª xornada da fase polo título e vitoria moi traballada ante o Meco O Grove.

Comezamos o partido bastante sólidos en defensa e con Fer mandando na anotación. Colliamos unha primeira vantaxe de 7 puntos no primeiro cuarto.

No segundo cuarto o equipo grovense movía ben o balón e era moi rápido nas transicións, polo que anotaba canastras rápidas. A nós nos costaba facer o balance e tamén tiñamos moitas perdas. Os do Meco gañaban o cuarto pero conseguiamos manter unha vantaxe de 3 puntos, 36-33.

No terceiro cuarto saímos moi ben en defensa. Os visitantes tardaban máis de 6 minutos en anotar pero o noso xogo de ataque non era moi preciso, polo que desperdiciabamos a ocasión de rachar o partido pero adquiriamos unha boa vantaxe de 8 puntos, 51-43.

No último cuarto os dous equipos loitaron e traballaron para levarse a vitoria. Pola nosa banda, David con 12 puntos case consecutivos contrarrestaba calquera embestida por parte dos grovenses por reducir a vantaxe. Ao final desde a liña de tiros libres mantivemos a diferenza para deixar a vitoria na casa.

Para a vindeira semana xogamos o sábado, na sempre difícil cancha de O Porriño, o último partido da primeira volta, polo que traernos a vitoria darianos chance para seguir na loita polos primeiros postos da Fase de Ascenso.

Ficha técnica

2ª división masculina, grupo A1, xornada 3ª.

Pavillón de Montouto, sábado 14, 18:00

Parciais: 21-14 / 15-19 || 15-10 / 23-21.

5 Inicial: David, Fran, Fer, Carlos N. e Pedro.

Eliminados: Pedro e Vicario.

Xogaron e anotaron: 

David Pazo (22), Soriano (6),  Vicario (19),

Pedro (1), Carlos Nogueira (4), Raviña (5), 

Brais (4), Ramón (1), Víctor jr.(11), Andrés jr.(1).

Baixas: Carlos Pena.