Penúltima xornada do CAMPUS BALONCESTO PELETEIRO.

Penúltima xornada do CAMPUS BALONCESTO PELETEIRO.
Este xoves coas pilas xa pola metade e cos nervios dalgúns dos nosos xogadores e xogadoras polo aire, xa que hoxe entregábanlles as notas finais de curso, arrincamos a penúltima xornada do CAMPUS.
Pola mañá os equipos adestraron e realizaron os últimos concursos, xa que mañá venres é o tempo do ALL STAR.
Xa pola tarde recibimos a visita de Víctor Pérez, adestrador axudante do Monbus Obradoiro.
Víctor como o resto dos invitados desta edición pasou un bo intre dialogando con todos os equipos e xogadores, en especial cun mini que lle lembrou o nome de todos os xogadores aos que Víctor adestrara e que chegaron a disputar a NBA.
Despois dos interrogatorios e multiples fotos chegou o momento no que Víctor realizou un adestramento específico cos grupos de maiores, tanto cos mozos, como coas mozas.
A última hora do día fíxoselle unha despedida a Víctor Pérez no que se lle fixo un obsequio a modo de recordo do seu paso polo Campus.
Mañá realizarase o acto de Clausura do presente CAMPUS coa tradicional entrega de premios e algunha visita sorpresa a partir das 17:30 no Pavillón de Montouto.