Primeira xornada da XXVII edición do CAMPUS Baloncesto Peleteiro.

Hoxe estase a celebrar a primeira xornada da XXVII edición do Campus de Baloncesto Peleteiro. Como vén sendo habitual nos últimos anos, a última semana do mes de Xuño é sinónimo de Baloncesto nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro. 175 xogadores e xogadoras están a gozar do noso Campus.

15 adestradores e 10 axudantes baixo a supervisión de Pepe e Yago Casal e de Ana Martínez son os encargados de facer disfrutar a estes mozos co baloncesto durante 5 días.

Nesta primeira xornada, ademais de facer os grupos de traballo e indicar as normas e organización do Campus, os nenos e nenas tamén disputaron o primeiro dos torneos que disputarán ao longo desta semana; o Two Ball, un concurso de tiro por parellas.

Xa pola tarde tiveron a primeira das visitas. Nesta ocasión o encargado de compartir as suas experiencias e facer as ledicias de todolos rapaces tratouse do xogador do Monbús Obradoiro David Navarro. David competiu e xogou con todos eles. Asinou numerosos autógrafos e sacouse unha foto de grupo con todo o CAMPUS despois de recibir un obsequio de mans dun grupo dos máis novos do Campus que previamente lle deleitaro cunha improvisada interpretación do Miudiño.

Mañá os nenos e nenas terán a visita de Blanca Millán e comezarán tamén cos tradicionais Torneos de 3×3 e 5×5.

Deixámosvos coa galería de fotos do día.