Ramatou a 1ª fase de minibásquet e xa temos calendarios para a segunda

A pasada fin de semana rematou a primeira fase da liga de 1ª división de minibásquet para os nosos dous equipos. Xa estaba todo decidido: o masculino estaría no grupo Norte A (os que aspiran ao título) e o feminino, no norte B.

Este luns celebrou o sorteo cos equipos claisificados. O equipo de Narciso Varela  pelexará no grupo Norte A-1 pola fase final con Baloncesto Narón, Estudiantes de Lugo, Pío XII Rosalía, Cab Obradoiro e Montrove.

Pola súa banda, o equipo de Fran Soriano competirá no grupo Norte A-2 con Star Center 06 (O Ferrol), Bodegón Pescador CBPS e Basquet Coruña Leyma U12.

O equipo masculino comezará a competición esta fin de semana. O feminino, ao ser só catro equipos, non abrirán a competición ata o 18 de febreiro.

Tamén rematou a 1ª fase da liga de preminibásquet masculina. Aquí os nosos tres equipos entraron no grupo que aspira a xogar a Liga FGB de preminibásquet.

Estes son os calendarios correspondentes:

15-17.Calendarios 1ª divsión minibásquet 2ª fase

20-22.Calendarios Peleteiro premini masc (2ª fase)