Regresou Peleteiro a Montouto e derrotou a Becerreá con solvencia

Peleteiro ||  Becerreá 

86 || 59

Tras tres saídas consecutivas os colexiais demostraron que xa tiñan ganas de volver a xogar en Montouto porque no primeiro cuarto lle endosaron aos de Becerreá un parcial de 29-05 que sería definitivo para o devir do partido.

A saída en tromba do equipo pillou desprevenidos aos visitantes. Unha intensa defensa, apretando moito as liñas de pase, afogaban aos contrarios e permitía aos colexiais xogar con transiccións rápidas en ataque. Ademais,  movíase moi ben o balón e o acerto era case total. Vicario con 15 puntos (3 triplas) comandaba a ofensiva.

No segundo cuarto o equipo visitante intensificaba a súa defensa e atopaba boas opcións preto do aro, polo que aumentaba a anotación. Mentres nós seguiamos en boa liña, polo que mantiñamos a diferenza. 47-23 ao descanso.

No terceiro cuarto o equipo saíu sen moita tensión, polo que tras un parcial de 2-9, houbo que pedir un tempo morto para recordar que quedaba moito partido e que había que volver a xogar intensos. E así foi. O equipo volvía a traballar ben en defensa e volvían as rápidas transicións. 65-40 para finalizar o cuarto.

No derradeiro cuarto a tónica foi semellante e mantivemos sen problema a diferenza no marcador.

Gran partido dos 7 seniores dispoñibles, máis dous juniors (Mario e Fernando) que fixeron o esforzo de vir e que seguen medrando co equipo.

Para a vindeira semana tócanos descansar e viaxaremos o sábado 25 a Arteixo para enfrontarnos, nun duro partido, ante un dos equipos da zona alta da clasificación, polo que traernos a vitoria sería moi importante.

2ª división masculina, grupo norte, xornada 6ª.

Pavillón de Montouto, sábado, 18:00

Parciais: 29-05 / 18-18 / 18-17 / 21-19.

5 Inicial: Pedro, Fran, Fer, Carlos e Ramón.

Eliminados: Ramón e Carlos.

Xogaron e anotaron:

 David Pazo (11), Ramón (10), Soriano (8),

 Vicario (28), Pedro (8), , Carlos Nogueira (10), Raviña (5),

Mario Padrón Jr. (2), Fernando Pazo Jr. (4),

Non xogaron: Carlos Pena e  Brais.