Rematada a 2ª xornada do Campus coa visita de Rodrigo Gómez

Continou o Campus ao longo da xornada de hoxe. Día gris, pero sen choiva. Ideal para adestrar se acabar asfixiados coa calor abafante que fixo a fin de semana.

Pola tarde recibimos a visita do obradoirista Rodrigo Gómez, xogador do equip EBA Obradoiro Sileda, habitual dos adestramentes co equipo ACB co que mesmo chegou a disputar uns minutos nesta tempada fronte ao Real Betis.

O que máis chamou a atención de todos os nenos asistentes ao campus foi a súa altura (2,07) e número de zapatatillas que calzaba. Con todo algún tomou boa nota das horas que hai que dedicar a adestrar para mellorar e pelexar por esta arriba.

Estamos seguros que coa súa xuventude axiña deixará de ser un convidado do equipo ACB para converterse nun xogador máis.

Sorte, Rodrigo.

Todas as imaxes, desta segunda xornada e da súa visita aos diferentes equipos xa dispoñibles seguindo esta ligazón.