Rematou a 4ª xornada coa visita de Pepe Pozas e preparámonos xa para a clausura

Penúltima xornada do Campus. Isto xa está chegando á súa fin. Quen o díría. Nun abrir e pechar de ollos estamos ás portas da clausura.

Hoxe pola mañá visitounos o obradoirista Pelete Pozas, case xa un santiagués máis. Desbordou alegría e entusiamos e os asistentes ao Campus gozaron co seu ídolo.

Pola tarde continuo o traballo habitual e seguiu a tónica da semna: día gris e debate no ceo entre as nubes e o sol. Quen gañará? Creo que mañá teremos a resposta.

Para a clasura do venres, á parte de seguir as indicacións que figuran na circular que axuntamos, contaremos coa visita da gran  promesa do baloncesto galego, Raquel Carrera, actual xogadora do Celta e intentaremos tamén animar á nosa gran Blanca Millán despois de resultar descartada da lista definitiva de 12 xogadoras da selección española U20 este pasado martes.

circular campus 2018

Todas as imaxes da xornada xa na galería actualizada seguindo esta ligazón.