Renovación Adestradores. Equipos Senior

Chega o momento de volver a adestrar e imos aproveitar este inicio de temporada para presentar os nosos adestradores.

Comezamos hoxe polos adestradores dos equipos senior

 

SENIOR MASCULINO

O seu frente estará un ano máis Fran Varela. Esta será a temporada número 11 de Fran no noso clube e novamente será o encargado de adestrar  ó equipo Senior Masculino.

Pese ó seu ascenso deportivo, esta temporada o equipo voltará a disputar a 2ª División Autonómica Masculina na que agardamos que continuen a disfrutar da categoría.

 

SENIOR FEMENINO

Ó frente do noso Senior Femenino estará un ano máis Lito García. Esta será a segunda temporada completa de Lito ó cargo das rapazas senior.

Nos xa perdimos o número de temporadas que leva Lito no noso Clube e esperamos que continúe con nosco moito máis tempo.

O equipo disputará a Primera División Autonómica Femenina, na que desexamos que este ano voltea a conseguir a permanencia na categoría, ainda que deseamos que o fagan con moitos menos apuros que o ano pasado 🙂