Resultados da xornada e fotogalería

Rematou outra intensa xornada. Esta déixanos un sabor agridoce, non tanto polas derrotas que as houbo, senón polo infortunio en forma de lesións que sempre acompañan aos deportistas e que cando chegan doen. Nesta fin de semana especialmente dúas de importancia: a do cadete Álex Carrera en Vigo (rotura do tabique nasal) e a da júnior Sara Garrido (xeonllo) en Porriño. Tamén nos lembramos do golpe do sénior Vicente Merino.

A todos eles a recuperarse axiña e a volver a gozar co básquet.

Estes foron os resultados da xornada: X12.Resultados xornada 22-23 novembro e esta a crónica fotográfica do acaecido en Montouto.