Resultados e galería da xornada (8-10.03.18)

Blanca co seu trofeo de MVP. || Foto EFE.

Xornada atípica a desta fin de semana. A última hora da tarde do sábado, a FGB toma a decisión de suspender todos os encontros dependentes da federación galega por mor do temporal. Isto supuxo a cancelación de toda a actividade do domingo.

No noso caso afectou a 5 encontros. Agorá haberá que recuperalos de acordo cos rivais. Poñémonos á tarefa!

Fóra disto, sen dúbida, a nova da xornada foi un novo éxito para a nosa BLANCA MILLÁN. O venres obtivo co seu equipo, os Black Bears, o título  da East Conference e ademais foi elixida mellor xogadora da final. Agora a pola fase final da NCAA cos 64 mellores equipos.

A ex-colexial anotou 22 puntos en 39 minutos de xogo, ademais de capturar 2 rebotes, dar dúas asistencias e provocar 2 perdas de balón. Grazas ao seu papel, Maine derrotou na final de conferencia a Hartford por 74-65.

Un éxito máis que suma aos moitos que leva conseguidos nas últimas semanas.

Xamais pensamos nin imaxinamos ter mellor embaixadora polo mundo adiante.

Polo que respecta á xornada, estes foron os resultados:

  1. Minibásquet: X16.2017-10marzo.minis.Resultados
  2. Base e sénior: X25.2017-10.11 marzo.Resultados

E esta a galería que vos podemos ofrecer.

Gozade do día e da semana!!