Resumo da fin de semana e galería fotográfica

Unha nova fin de semana que pasa voando e iso que cada vez son menos os partidos que xogamos aínda que como cada semana os primeiros en empezar foron os minis, como non…nesta ocasión o mini masculino B, que despediu a liga regular como campión invicto do seu grupo e agora tócalle esperar para xogar os cruces co outro grupo. O seu rival esta xornada foi o equipo Cluny. Contra Cluny tamén tivo que xogar o seu encontro o mini feminino B que tamén conseguiu a vitoria, mentres que o mini feminino C caía #ante o equipo de Ames.
Esta fin de semana tamén foi o debut das preminis no campionato galego. Disputaron os seus dous primeiros encontros na mañá e a tarde do sábado e debutaron con dúas derrotas, #ante Basquet Coruña e #ante Culleredo. Aínda que estamos seguros de que o que lembrarán non é o resultado senón esta nova experiencia.
O infantil masculino volveu gañar, nesta ocasión #ante o Seis do Nadal 70-55 e mantense firme á fronte da táboa.
Peor sorte correron os junior no seu terceiro encontro da fase de ascenso, xa que perderon en Marín (86-63)
Este sábado tamén foi o debut das infantís en cópaa primavera, aínda que nesta primeira xornada só xogou o equipo C que o fixo con vitoria #ante o Rea Seguros A Estrada (24-54)
As cadetes tamén tiveron Copa Primavera, aínda que esta vez, caeron 45-62 #ante Boiro.
Xa o domingo o mini masculino de primeira división cedeu #ante o Estudantes de Lugo (59-105)
Finalizaron a xornada dúas dos nosos equipos femininos e fixérono con sorte dispar. O infantil vencía en Allariz (45-71) e iso permítelle chegar á última xornada con opcións de quedar campioas, mesmas opcións coas que chegan o Bosco Ourense e o Celta de Vigo; tres equipos que chegan á última xornada con opcións de ser campioas, unha das ligas máis rifadas dos últimos anos…
O último equipo en entrar en liza foi o Senior Feminino Peleteiro Café Bar O Alba, que acababa cedendo #ante o KFC Culleredo, rompendo así a súa boa serie de 6 vitorias consecutivas (56-48) un partido no que sen dúbida foron protagonistas os tiros libres fallados polas nosas e que as afastaron da vitoria.