Resumo dos encontros da fin de semana e galería de fotos

Fin de semana con moi pouquiños encontros.

Esta fin de semana con motivo do inicio das vacacións de Semana Santa a maior parte das competicións facían un pequeno parón.

O primeiro equipo en competir esta fin de semana era o cadete feminino de primeira división que adiantaba o seu partido ao mércores para que tres das súas xogadoras puidesen estar co equipo junior en Lugo na Final a 4; por iso queremos agradecer ao PBB os seus esforzos para permitir este cambio.
O partido non foi dos mellores desta segunda fase, pero conseguiu facerse coa vitoria por un apertado 60-61 que a falta de 1 xornada por disputarse mantense na primeira posición do grupo A2.
Xa na fin de semana propiamente devandita disputaba o noso cadete masculino de primeira división o derby contra o Rosalía Fedesa, un encontro moi igualado que se decantaba ao final a favor do equipo visitante.
Esta derrota deixa aos nosos a falta dunha xornada empatado na sexta posición con Culleredo, equipo ao que se enfrontarán na última xornada nun partido do que sairá o sexto clasificado, equipo que xogará a final de Cópaa Federación, co primeiro clasificado do grupo A2.

Xa pola tarde chegaba o momento que todos estabamos a esperar esta fin de semana; as nosas junior saltaban á pista en Lugo na primeira semifinal da Final a 4 cunha praza para o Campionato de España en xogo.
O partido foi moi igualado nos seus primeiros minutos con alternativas no marcador, foi finalizando o segundo cuarto cando Estudantes conseguía a súa primeira vantaxe destacable no marcador 36-27 para chegar ao descanso.
Na segunda parte a diferenza entre ambos se mantiña neses 7 puntos chegando nalgún momento aos 14, pero as xogadoras de Nacho Varela seguían pelexando aínda que ao final non lograban rebaixar o suficiente a vantaxe das locais que vencían por 63-53, deixando así ás nosas eliminadas da Final a 4 e sen opcións para ir ao Campionato de España.

A pesar da derrota queremos destacar a gran temporada feita polo equipo composto por:

Ana Fagín, Paloma Eiroa, Carlota Martínez, Paula Lamas, Iria Losada, Clara Gil, Rut Iglesias, Lidia González Laura Salgueiro, Clara Silva, Andrea Fernández, las cadetes: Cris Rigueiro, Paula Tábora, Andrea Leza, Adriana Pardo e os sus adestradores: Nacho Varela y Carlos Souto.

A todos noraboa polo traballo de toda a tempada, cabeza alta e a seguir crecendo👏🏻💪.

Mentres en Rianxo xogaban as cadetes de segunda división que volvían facerse coa vitoria, mantendo os seus bos resultados deste fin de tempada.
Xa en Ourense terminaba a xornada do sábado o noso equipo senior masculino que apuraba as súas últimas opcións de loitar por unha praza para a fase de ascenso xogando ante o CB San Cibrao ao que nun partido moi serio por parte dos nosos de principio a fin lograba vencer por 52 a 63. A pesar desta vitoria, debido a outros resultados que se deron esta fin de semana o equipo queda ás portas da fase de ascenso e cunha xornada por xogarse tratarán de loitar por acabar da mellor maneira posible unha difícil tempada debido ás lesións.

O domingo, quedaban por disputarse tres encontros:
O primeiro deles xogábano os infantís de segunda división o equipo adestrado por Antonio Pinaque, o Peleteiro B recibía en casa a visita de Basket Ames que se fixo coa vitoria por 34-58. Sen dúbida esta tempada foi unha constante aprendizaxe para o equipo B pero na que demostraron ser un gran grupo de traballo, que non viu recompensado o seu esforzo con vitorias pero que a pesar diso mantivéronse sempre competindo e traballando cunha gran actitude.

Despois deste encontro xogou o noso senior feminino. As de Lito Garcia, o Peleteiro Café Bar O Alba levantábase á quinta posición tras vencer neste duelo ao Calasancias de Coruña por 57-42.

Finalizaba a xornada o infantil masculino C, que adestrado por Gus Bandín vencía en Porto do Son ao Paco´ s Moda Garaxes Xuño CBPS por un apertado 61-65.

A fin de semana deixaba tamén a participación de Gael e Jacobo no All Star da Federación Galega en Porto do Son.
Deixámosvos como cada fin de semana coa galería de fotos a modo de resumo: